36860: Clásicos e Esenciais

Allahu Akbar

by Pedrido

on Allahu Akbar (2018), 36860: Clásicos e Esenciais (2025)

Allahu Akbar
La ilaha ilallah
Ashad u anla ilaha ilallah
Ashad u ana Muhammad abdu wa Rasulullah
Hayya ala salah
Hayya ala falah

Son Amrallah viñen traer a mensaxe
Ámate a tí, ama aos demais, fai que os demais te amen
Que se reclamen a sí mesmos o que queran
Mentres deixen en paz aos demais seres da terra
Aprende, así nunca serás pobre
Entende, é imposible que o que penses se te roube
Sorrí sobre a todo a aquel que non se acorde
Do que é a felicidade así a felicidade será dobre
Limpa teu corazón de pena e amargor
Eu sei o que fai a dor, ás veces é devastador
Pero do cemento máis duro sorxe unha flor
Que enche de cor a máis escura escea de terror
Eu sei que tenta, vivir de rentas
Pero alimenta a teu irmán por se algún dia te alimenta
Ou o necesitas, non ofendas
A mimgunha muller, pra min todas son nais
Unha persoa sempre será igual a outra persoa
Que as lágrimas sexan de alegría e nunca a soas
Que o limite sexa voar por alto que poda soar
Que ser mellor que onte non se pode comprar
Non son exemplo idóneo por iso podo predicar
Quixen cambiar o mundo e me empecei a medicar
E ás veces Allah fálame tralo sitar
E venme visitar e dime que quere paz
Así que faime caso se cada día o ves gris
Se non atopas felicidade no teu pais vaite
Que non paga a pena vivir trala bandeira
Pode que fóra atopes a quen te queira
Deixa a mentira de lado e saca a máscara
Debes de ser tí quen rompa esa cascara
Esa é a mensaxe, paz e vive libre
E que o amor dos demais sexa o noso combustible



Gloria á túa misericordia Ilah
Que escoiten en Panxea o Adhan de Bilal
E a mensaxe de Amrallah Al Aldababsí
Estiven só polo deserto e vagaba así
Cego cos ollos abertos, como nos concertos
Ti me guías e cada paso e perfecto
Te manteño perto por se algo me pasa
Que sexan orgullo e alimento o único que falta
Disme cousas que non entendo ás veces
Ás veces es un susurro no ouvido, ás veces creces
E te voltas un chíar son menos do que mereces
Pero máis do que merecen eles, non o negues
Na miña pel de papel deixo que escribas
Neste Sahel os fillos de Ismael recitan
De memoria todas as palabras que me dictas
A fé non se quita, purifica a quen se sacrifica
Te escoito antes de espertar, despois de durmir
E sei que es Tí cando empezo a fluir
E sei que es Tí cando empezo a fuxir
E algo mo impide, la ilaha ilallah, empezo a ruxir

Song Comments
On Allahu Akbar by Pedrido

Must have JavaScript enabled to comment.